Foto a foto construíndo patrimonio
Mutua de enviuvamento
A Guarda (Baixo Miño), 27/04/1949
Vista parcial do pago dunha mutua de enviuvamento. Nunha habitación, un home con uniforme da mariña rodeado de sete homes, entrega un feixe de billetes a un señor sentado nunha cadeira. Acompáñao unha señora, tamén sentada, e vestida de negro. Media unha mesa cuberta cunha bandeira da dictadura franquista. No fondo, na parede, unha fotografía de Franco, mapas e un almanaque do ano 1949.